As treboadas deste sábado sorprenderon pola súa intensidade. O ambiente comezou a prepararse a partires das 17.00 horas, momento no que comezou a caer de xeito brusco a temperatura. Despois, durante tres horas, sucedéronse os ballóns cos raios e o pedrazo.
As temperaturas, segundo os datos da AEMET, descenderon case 13 graos en dúas horas, pasando dos 33,8 graos que rexistraban ás 17.00 horas aos 21 graos ás 19.00 horas. En canto á chuvia, rexistráronse 18mm en tres horas.
Un dos apartados máis destacables foi o dos raios. Segundo os datos de MeteoGalicia, rexistráronse 228 nas horas nas que durou a treboada. O pico produciuse entre as 18.00 e as 20.00 horas, periodo no que caeron 195.
A primeira parte da treboada viu acompañada de pedrazo de grandes dimensións, feito que motivou que a AEMET activase o aviso laranxa por treboadas intensas ata ás 20.00 horas cando xa se estaban producindo. A saraiba caída, nalgúns casos de máis de 2 centímentros de grosor, fixeron temer polas colleitas.
As treboadas pararon co inicio da procesión do San Cristovo
O santo levouse nunha pegatina
Imaxe de portada: vista da Estrada durante a tormenta // Xornal da Estrada


Deixa unha resposta