Publicidade

Buscan un veciño de San Miguel de Castro residente en Silleda

Actualización

Nestes momentos estase buscando a José Ángel Reimóndez, un veciño de San Miguel de Castro (A Estrada) residente en Silleda. Ten 64 anos e é de complexión forte. Mide 1,68 metros e no momento da súa desaparición vestía unha camisa azul celeste e un pantalón escuro.

Foi visto por última vez nos últimos dous días. No operativo de busca están participando medios aéreos. Dende o Concello de Silleda piden que, se alguén ten algunha información, contacte de inmediato coa Garda Civil (teléfono 062) ou co 112.

Comentarios

Deixa unha resposta