Publicidade

Localizan sen vida ao estradense desaparecido en Silleda

O corpo de José Ángel Reimóndez, o veciño de San Miguel de Castro que desaparecera en Silleda, foi localizado sen vida na mañá deste luns. A alerta douse despois de que non regresara á residencia de Silleda na que residía tras saír a dar un paseo.

Localizouno un particular que participaba na súa búsqueda. Foi nunha zona de difícil acceso próxima á residencia de maiores, sen que se puidese facer nada para salvarlle a vida. Tiña 64 anos de idade.

No operativo de busca participaron a Garda Civil, a Unidade Operativa de Drons do Grupo de Apoio Loxístico (GALI), Policía Local de Silleda, Protección Civil de Lalín e Protección Civil de Vila de Cruces.

Solicitouse colaboración cidadá

Dende o Concello de Silleda solicitaran colaboración cidadá para dar con el. Na mañá do domingo alertaban de que levaba dous días desaparecido. Á noite, informaban de que ás 9.00 horas deste luns ía comezar dende a residencia unha nova busca a pé, convidando ao que quixeran colaborar a participar.

Tras coñecerse o seu achado, dende o Concello trasladaron o pésame aos familiares e coñecidos do falecido. Aproveitaron para “agradecer de corazón” a colaboración cidadá, sinalando que “a vosa solidariedade e disposición para axudar volveron demostrar o mellor da nosa xente”.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo