Publicidade

Cinema e Combo Dominicano, nas festas de Arnois

Arnois celebra este mércores a festa na honra da Virxe das Neves. Os actos comezarán coas misas rezadas que se oficiarán ás 10.00, 11.00 e 12.00 horas. Ás 13.00 horas terá lugar unha misa cantada. Ao remate, a sesión vermú correrá a cargo do grupo de música tradicional 7 Ferrados. Xa á noite, estarán as orquestras Cinema e El Combo Dominicano. Ademais, haberá unha gran tirada de fogos artificiais.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo