Publicidade

Organizan un xantar popular en Codeseda

A Asociación As 23 parroquias de Codeseda organiza para o vindeiro 15 de agosto un xantar popular no refuxio de Codeseda. Será ás 15.00 horas. O menú inclúe mexilóns, picantóns, carne ao caldeiro, sobremesa, café e bebida. Dende as 12.00 horas haberá servizo de barra. Amais, contarán con sorteos e xogos.

Os socios terán que pagar 20 euros e os non socios, 25. Os nenos e nenas de ata 10 anos xantarán gratis. A data límite para facer a reserva é o 12 de agosto. Pódese facer chamando ao 692 82 13 11 (Manuel Ángel), 616 06 93 20 (José Miguel), 686 57 19 07 (Maricarmen) ou 675 84 31 52 (Vanesa).

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo