Publicidade

Minuto a minuto | Pleno do mes de agosto

Este xoves celébrase o pleno ordinario correspondente ao mes de agosto. Comeza ás 20.30 horas.

En directo

21.18h | Remata o pleno


21.18h | Responde Louzao

Sinala que na obra das piscinas subsanáronse problemas que non se vían e, os desperfectos existentes, son consecuencias diso. Comenta que teñen un borrador de melloras co que se incluirían xogos para os máis cativos. “O mobiliario que se incorpora dura pouco”, di antes de culpar a persoas que acceden ao recinto fóra do horario de apertura dos desperfectos.

Sobre as medidas na recollida de auga, explica que o Encoro de Pedroso recolle auga durante todo o inverno e que se emprega cando o Umia baixa de nivel, así como dous mananciais.

No tocante á limpeza de rúas, Óscar Durán está xestionando para que se limpe “a gran maioría” de rúas.


21.12h | Quenda de Mar Blanco Casais (Móvete)
Retoma o tema da piscina municipal para criticar que “por parte deste goberno non se pon en valor”. Sinala que non hai céspede, hai “moita terra, toxos, as tumbonas están rotas”. Iso, di, “non as fai atractivas”.
Cuestiona sobre a posibilidade de que se tomen medidas para reducir o consumo de auga e di que lle parece “adecuado aínda que non sexa necesario”. Pide buscar medidas de aproveitamento da auga dos invernos.
Reclama que se limpen algunhas rúas, tales como a Avenida de Vigo.


21.06h | Responde Louzao
Sobre o punto limpo, di que xa “non sabemos” como chegar á xente sobre o funcionamento deste espazo. Asocia parte do lixo a “prácticas ilegais” e ás persoas que recollen chatarra. “De vez en cando os operarios municipais recollen ese lixo”, di.
No tocante ás multas de Augas de Galicia, explica que os concellos teñen a obriga de garantir que se subsane a orixe da vertedura. Nalgúns casos non son quen de identificar o problema.


21.02h | Turno de Xoán Reices (BNG)
Recorda que os arredores do punto limpo continúan “está cheo de lixo”, así como as fochancas na Rúa Pérez Viondi, á altura do colexio. Pregunta por que o Concello paga unhas multas particulares de Augas de Galicia.


21.00h | López Bueno e Louzao continúan debatendo sobre as tres cuestións


20.57h | Louzao confirma que a tubaxe afectada na piscina municipal non entraba na reforma


20.57h | Louzao, sobre os plásticos existentes nas comportas da praia fluvial
“As antigas comportas xa tiñan este sistema”, di. Di que este ano está sendo un ano moi seco “e vai haber restriccións de auga como sigamos así” e que, por iso, o nivel do río está máis baixo.


20.55h | Continúa o alcalde
“Non podemos comparar a rúa que vostede propoñía co calexón sen tráfico”, di sobre a recollida do lixo, antes de confirmar que existe a autorización da Policía Local para que o camión do lixo vaia marcha atrás pola contorna da Praza da Inmaculada. Sinala que se incorporou un contedor do lixo nesa zona.


20.52h | Louzao responde
Louzao di que na piscina o vaso “non tivo ningún tipo de incidencia” e explica a sectorización da auga e como se detectou a fuga. “Saltou na piscina e contactamos coa empresa que fixo a obra”, explica. Contou que se reuniron coa empresa e analizaron onde podería estar a fuga. “Botamos máis tempo encher a piscina ca reparando a tubaxe. O que nos custou foi a auga de encher a piscina”, conta. “Antes tiñamos unha piscina o dobre de grande e que perdía milleiros de litros e non cumpría as garantías sanitarias”, comenta Louzao.


20.47h | Comezan os rogos e preguntas. Turno de Luis López Bueno (PSOE)
Lembra a rotura dunha tubaxe na piscina municipal e pregunta se esa estaba incluída na reforma da piscina e, de entrar, se hai algunha sanción.
Sobre a reubicación da illa de contedores da Praza da Inmaculada, pregunta se hai informe da Policía Local. “O camión ten que meterse en sentido contrario marcha atrás para facer a recollida”, sinala.
Lembra a “tardía” reposición das comportas da praia fluvial.


20.43h | Aprobada a moción por unanimidade


20.42h | Louzao lembra que a ACOE fixo unha enquisa para saber cales eran as mellores opcións.


20.42h | A oposición votará a favor


20.41h | Alberto Blanco explica a elección dos festivos locais
Acordouse cos empresarios que sexan o 24 e 25 de xuño, durante as festas de San Paio.


20.40h| Apróbase a acta do pleno de xullo


20.39h| Comeza o pleno


20.35h | A proposta de festivos


20.20h | Benvidos ao minuto a minuto do pleno de agosto!
Abrimos un mes máis unha ventá á información en directo para contarlles o que aconteza neste pleno de agosto. Na orde do día só hai unha moción, coa que se aprobarán os festivos locais de 2027.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo