Publicidade

Programan un torneo de baloncesto 3×3 na Estrada

A Estrada acollerá o sábado 29 e o domingo 30 de agosto a última parada do circuíto 3×3 URBAN da Deputación de Pontevedra. Celebrarase na Praza do Concello, sendo o sábado a xornada reservada para as categorías Minibasket e Infantil (ambas mixtas) e o domingo a destinada a Cadete e Junior. En función do número de equipos inscritos, a competición de Cadete e Junior poderá ser feminina, masculina ou mixta.

Os equipos terán que estar formado por entre tres e catro xogadores. Cada equipo terá que designar un responsable maior de idade para que interceda como interlocutor. O número de prazas é limitado e serán asignas por orde de chegada das solicitudes.

As inscricións estarán abertas ata as 12.00 horas do 24 de agosto para as categorías Minibasket e Infantil e ata as 12.00 horas do 25 de agosto para Cadete e Junior. Podense facer a través da web da Federación Galega de Baloncesto (Fegaba).

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo