O Festival As Nosas Músicas, que se celebrará o xoves 13 e o venres 14 en Couso, colaborará con APACAF para colocar pictogramas no recinto. Será este martes cando queden instalados, permitindo que todas as persoas poidan identificar, comprender e anticipar os diferentes espazos e servizos da festa.
Na actividade tamén participarán as persoas que forman parte do campo de voluntariado que está a desenvolver a Asociación A Xesteira. Dende APACAF, entidade que traballa con persoas do espectro autista, ofreceranlles información sobre o autismo. Achegaranlles ferramentas e coñecementos que lles permitan comprender mellor as necesidades das persoas dentro do espectro autista e contribuír a crear contornas máis inclusivas.
Imaxe de portada: presentación do As Nosas Músicas // Xornal da Estrada


Deixa unha resposta