A Delegación do Ministerio de Economía e Facenda en Pontevedra subasta seis lotes de fincas pertencentes á Concentración Parcelaria de Monte Val do Vea. Todas son fincas rústicas e atópanse en terreo adicado ao secano.
Comezando polos novos lotes, o quinto correspóndese cunha finca no sitio de Xesteira. Ten unha superficie de 1.262 metros cadrados. En primeira subasta o tipo mínimo de licitación é de 720 euros, mentres que en segunda é de 612 euros.
O lote seis contén unha finca de 749 metros cadrados. Atópase no sitio do Marco e piden por ela 560 euros en primeira subasta e 476 euros en segunda.
En Barazás atópase a finca correspondente ao lote 1. Ten 949 metros cadrados e o mínimo de licitación é de 700 euros. A finca do lote 2 é do sitio de Outeiriño. Son 599 metros cadrados polos que se piden, como mínimo, 450 euros.
O lote 3 inclúe unha finca no lugar de Montiño de 2.066 metros cadrados. O mínimo de licitación é de 1.033 euros. O lote catro é o único que contén dúas fincas. Unha atópase en Granxa e é de 385 metros cadrados e a outra está en Souto Rebolo e a súa superficie é de 7.028 metros cadrados. Por ese lote, o mínimo de licitación é de 3.340 euros.
O prazo para a presentación de ofertas en sobre pechado remata o 24 de agosto. A subasta celebrarase o 14 de setembro ás 12.15 horas na sede da Delegación de Economía e Facenda en Pontevedra.

Deixa unha resposta