A AEMET activou para este mércores tres avisos amarelos por chuvias e tormentas. Estarán vixentes entre as 6.00 e as 18.00 horas. En concreto, nese periodo de tempo pódense dar acumulados de 15mm nunha hora, de 40mm en 12 horas e treboadas que poden vir acompañadas de saraiba.
Na zona o peor prevese entre as 10.00 e as 16.00 horas, con acumulados que, segundo as previsións existentes no momento de redacción desta noticia, poden superar os 10mm.
Niveis de aviso
- Verde: Sen risco meteorolóxico
- Amarelo: Non existe risco meteorolóxico para a poboación en xeral, pero si para algunha actividade concreta.
- Laranxa: Existe un risco meteorolóxico importante (fenómenos meteorolóxicos non habituais e con certo grado de perigo para as actividades habituais).
- Vermello: Risco meteorolóxico extremo (fenómenos meteorolóxicos non habituais, de intensidade excepcional e cun nivel de risco para a poboación moi alto). Non viaxe salvo que sexa estritamente necesario.


Deixa unha resposta