Xornal da Estrada foi incluído na lista Verified Media Accounts in the Fediverse, na que aparecen os dixitais que teñen contas verificadas no fediverso. Convértese no segundo medio en galego en facelo, sendo o único en activo.
A conta de Xornal da Estrada en Mastodon.gal entrou en funcionamento o 28 de marzo. Foi no marco dun obradoiro da Asociación de Medios en Galego (AMEGA). A súa inclusión na lista produciuse o 19 de agosto.
Entre as 426 contas de medios de comunicación do planeta con conta en Mastodon verificada atópase outro en galego. Trátase do boletín semanal sobre enxeñería do software A Folla, que na actualidade non se atopa activo.
A nivel nacional, principalmente atópanse incluídos medios en euskera. No que ao castelán refire, atópanse medios coma El País, La Marea ou El Salto Diario.
Imaxe de portada: logos de Mastodon e Xornal da Estrada // Xornal da Estrada


Deixa unha resposta