Emerxencias A Estrada rescatou este martes un gato que estaba no interior do compartimento do motor dun vehículo. Tras localizalo, conseguiron acceder á zona na que se atopaba e liberalo. O propio alertante fíxose cargo do animal.
Dende Emerxencias comentan que, nestes casos, se os animais non teñen quen se faga cargo deles, recorren a asociacións como Patiñas A Estrada. Ademais, animan a adoptar animais.


Deixa unha resposta