Publicidade

Comezan as festas do San Lois en Orazo

Este martes comezaron en Orazo as festas do San Lois. Os festexos prolongaranse ata este mércores, cando se honrará a San Antón.

A misa logrou encher a capela, facendo que parte dos presentes a seguiran dende o exterior. Tras unha procesión acompañada pola Banda de Música Municipal da Estrada, os fieis, entre os que se atopaba o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, pasaron por debaixo da figura de San Lois.

Unha vez os oficios remataron, a banda comezou a desfilar ata o campo da festa. Alí, celebrouse unha pequena poxa pola que pasaron unha parella de patos — que foi poxada por cinco euros –, un galo, plantas varias e dous porcos, chegando a pedirse 150 euros por unha cabeza.

Namentres remataba a poxa, chegaban os camións da Gran Parada, orquestra que ameniza a verbena deste martes. Unha vez os dous tráilers quedaron estacionados no campo, a Banda de Música Municipal da Estrada comezou a tocar.

A festa continuará este mércores. Durante a mañá a música correrá a cargo dos gaiteiros O Son da Fervenza. Ás 13.15 horas oficiarase unha misa na honra de San Antón. A sesión vermú estará musicada polo dúo Crisitina & Lucía. Ese mesmo dúo estará xunto co dúo Punto Zero na verbena.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo