Dende o pasado mércores Requián (Frades) comezou a novena da Romaría dos Milagres. O día grande será o vindeiro venres, mais os actos festivos comezarán o día antes.
O xoves 27, último día da novena, ás 21.30 horas será a Procesión dos Cirios. Ao remate, a verbena correrá a cargo da Charanga BB+.
O venres 28, día grande da romaría, oficiaranse misas dende as 8.00 horas, sendo só a das 11.00 horas en galego. Ás 13.00 horas terá lugar unha misa solemne, seguida dunha gran foguetada e da procesión. A sesión vermú correrá a cargo da Banda de Música Cultural da Estrada. Á tarde, Cantos da Terra animará o ambiente. Ás 19.00, 20.00 e 21.00 horas haberá máis misas. O día rematará coa verbena, que contará coa música da orquestra Escaparate e de Will Discomóvil.
O sábado 29, Día da Nosa Señora da Piedade, oficiarase ás 12.00 horas unha misa solemne. Fanfarria Furruxa animará a sesión vermú e o grupo M.5 Galicia, a verbena. Haberá inchables gratis para os máis cativos.


Deixa unha resposta