Publicidade

O Combo Dominicano animará as festas de Santeles

Santeles celebra esta fin de semana as súas festas na honra da Nosa Señora do Carme e de Santa Bárbara. Serán tanto venres coma sábado.

O venres 28 ás 10.00 horas oficiarase unha misa rezada. Ás 13.00 horas terá lugar unha misa solemne cantada polo Coro de Aguións. A procesión e a sesión vermú correrán a cargo da charanga Xuntanza. Ás 22.30 horas comezará a verbena coa orquestra El Combo Dominicano e a discomóbil Pirámide XL, que contará cos DJ Marcos Kintana e Sergio Telmo.

O sábado 29 oficiaranse misas ás 10.00 e ás 13.00 horas, esta última cantada pola Coral de Paradela. A procesión e a sesión vermú correrán a cargo da Banda de Música Municipal da Estrada. Haberá unha gran tirada de fogos. Ás 22.30 horas comezará a verbena, que contará coa música dos dúos La Gozadera e Súper Combo.

Comentarios

Unha resposta a «O Combo Dominicano animará as festas de Santeles»

  1. […] Por primeira vez en 12 anos a orquestra El Combo Dominicano visitou Santeles. Foi nunha verbena cunha notable afluencia de público na que tamén estivo a discomóbil Pirámide. O primeiro pase da orquestra aproveitouse por parte da comisión para facer un sorteo. As festas rematan este sábado. […]

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo