A AEMET activou dous novos avisos amarelos por chuvias e tormentas para este xoves. Estarán activos dende medianoite ata as 10.00 horas. Agardanse acumulados de 15mm nunha hora e que as treboadas poidan vir acompañadas de saraiba. Durante este mércores a zona xa estivo en aviso por este mesmo motivo.
Niveis de aviso
- Verde: Sen risco meteorolóxico
- Amarelo: Non existe risco meteorolóxico para a poboación en xeral, pero si para algunha actividade concreta.
- Laranxa: Existe un risco meteorolóxico importante (fenómenos meteorolóxicos non habituais e con certo grado de perigo para as actividades habituais).
- Vermello: Risco meteorolóxico extremo (fenómenos meteorolóxicos non habituais, de intensidade excepcional e cun nivel de risco para a poboación moi alto). Non viaxe salvo que sexa estritamente necesario.


Deixa unha resposta