A 38ª edición da Feira do Moble celebrarase entre o 17 e o 20 de setembro na Estrada. Será unha edición na que dúas de cada dez empresas expositoras serán da Estrada. Nas dúas primeiras xornadas a entrada será de balde.
Artest, Irmáns Picaño, a Asociación Cultural Bonsai A Estrada, Micar, La Tribu, Varela Motor, o anticuario de Juan C. Rodríguez Seijo ou a Pulpería Porta, entre outros, conformarán a representación local. Tamén haberá firmas expositoras chegadas dende Asturias, Madrid, Castela e León, Castela A Mancha, Cataluña, País Vasco, aínda que a maioría serán galegas. En total serán medio cento de firmas.
As portas do Recinto Feiral abrirán por primeira vez ás 11.00 horas do xoves 17. Os catro días terán horario ininterrompido de 11.00 a 20.00 horas. A entrada do xoves e do venres será de balde.


Deixa unha resposta