O Concello de Teo informou este venres de que o último treito da AG-59, o que une A Ramallosa con Pontevea (ambos en Teo), estarán pechados dende as 20.00 horas do martes 1 de setembro ata as 7.00 horas do mércores 2.
Este peche deberase a traballos de asfaltado na AC-841 en Pontevea, concretamente na intersección coa AC-241. Este corte íase producir esta semana, mais tivo que ser cancelado polo mal tempo.
Imaxe de portada: motos circulando polo último treito da AG-59 // Xunta


Deixa unha resposta