Xornal Semanal, o formato do Xornal da Estrada no que se resume o acontecido na Estrada ao longo da semana, comeza este domingo 6 a súa terceira tempada. Faino con cambios de calado no seu formato.
Manterase o apartado web no que se proporcionan ligazóns ás noticias da semana. Sen embargo, os vídeos desaparecerán, dando paso a un pódcast homónimo en Spotify.
Este cambio permitirá reducir o tempo de edición, que adoita ser de varias horas, ao que se lle suma a duración da exportación, que nunca baixaba dos vinte minutos. Á súa vez, permitirá ampliar os contidos informativos no Xornal da Estrada e poder contar últimas horas no propio formato.
“Antes, se na madrugada do domingo producíase un accidente grave ou activaban un aviso vermello por chuvia para o día seguinte, só nos podiamos limitar a poñer un rótulo informando diso. Agora poderemos buscarlle un oco ao longo do informativo ou, incluso, refacelo case enteiro”, sinala o presentador do Xornal Semanal, Rubén Rosende, poñendo como exemplos casos reais da última tempada.
Imaxe de portada: novo logo do Xornal Semanal, nunha promo do Xornal da Estrada // Xornal da Estrada


Deixa unha resposta