Varios centos de persoas participaron este mércores na concentración en apoio a Ceuta. Fíxose diante do Concello en resposta ao chamamento feito pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).
Foi unha concentración marcada polo silencio, sen lectura de manifesto nin lanzamento de proclamas. En primeira plana atopábanse, entre outras persoas, o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, o secretario xeral de Lingua, Valentín García, e parte do goberno municipal sostendo unha bandeira da Estrada (do revés) e outra de Ceuta. Ao seu carón, unha señora ondeaba unha bandeira de España, a única da concentración.
O silencio rompérono os aplausos unha vez rematou a concentración. Aplausos que regresaron unha vez a bandeira de España marchou.






Deixa unha resposta