3.411 persoas achegáronse este verán ata o Punto de Información Turística instalado no Pazo de Oca. Segundo os datos ofrecidos dende o departamento de Turismo, área coordinada por Óscar Rancaño, o 12% desas persoas eran doutros países.
O punto estivo aberto nos meses de xullo e agosto, sendo este último o de maior afluencia. En xullo atenderon a 1.273 persoas, das que 153 eran estranxeiras. No mes de agosto as cifras aumentaron ata os 2.138 usuarios, 310 delas procedentes doutros países.
Os principais países foron Francia, Reino Unido, Alemaña, Portugal e Países Baixos. A nivel nacional, as principais comunidades autónomas foron as de Madrid, Andalucía e Cataluña. Na maioría dos casos aluden unha motivación cultural como motivo da súa visita á Estrada, especialmente pola relevancia do Versailles Galego como recurso turístico.
Os días nos que A Estrada estivo no máximo nivel de alerta por vaga de calor — que non por temperatura máxima — foron os menos concorridos neste punto de información turística.
Imaxe de portada: Punto de Atención Turístico de Oca // Concello da Estrada


Deixa unha resposta