Publicidade

Xoves remata a inscrición na Andaina solidaria polo alzhéimer

Este xoves ás 23.59 horas remata a inscrición na IX Andaina Teatralizada Os Camiños da Memoria. Organizada por AGADEA, servirá para visibilizar o alzhéimer e outras demencias e mostrar o apoio da sociedade ás persoas afectadas, ás súas familias e ás persoas coidadoras.

A andaina comezará ás 19.00 horas do venres na Praza do Mercado, aínda que a recollida de dorsais farase dende media hora antes. Combinará o percorrido teatralizado con música en direxto, avituallamento e photocall.

Para resolver calquera dúbida, este mércores instalarán unha mesa informativa no mercadiño da Estrada. Estará aberta dende as 10.30 ata as 12.30 horas. As persoas que se acheguen. amais, poderán formalizar a súa inscrición. A inscrición tamén se pode facer a través da web de Emesports e presencialmente no Centro de Día de AGADEA na Estrada, en horario de 10.00 a 19.00 horas.

A inscrición xeral ten un prezo de 7 euros e inclúe camiseta e mochila. A participación é gratuíta para menores de 12 anos. No caso de non poder participar na andaina, pódese colaborar a través do dorsal 0 solidario. Custa 2 euros.

Imaxe de portada: presentación da andaina // AGADEA

Comentarios

Deixa unha resposta