Publicidade

A Estrada inaugurará sábado a reforma do Manuel Regueiro

Se no mes de maio se inauguraron os resultados da obra de peonalización da Farola, A Estrada acollerá este mes de setembro outro acto do mesmo estilo. Desta volta será no Manuel Regueiro, o campo de fútbol con maior carga horaria e usuarios do municipio.

O sábado 19 ás 11.30 horas o campo Manuel Regueiro vivirá unha xornada de posta de largo cun acto de inauguración das obras realizadas nos últimos meses. No acto estarán presentes o presidente da Deputación, Luis López Diéguez, o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, o presidente da Escola Estrada de Fútbol Sala, Toño Fernández, e o presidente do Sport Team Estrada, Alejandro Fraiz. Estará aberto á cidadanía en xeral e contará co partido dos Xuvenís da EEFB como colofón.

As últimas actuacións serviron para crear unha nova bancada con capacidade para 350 persoas e un novo peche, que substituíron aos anteriores elementos xa deteriorados. Construíronse aseos e renováronse a instalación eléctrica dos vestiarios e a súa carpintería de aluminio.

Esta é unha das infraestruturas deportivas máis empregadas no municipio. De luns a venres, polas mañás, é empregado polos centros educativos para as clases de Educación Física. Á tarde, acolle actividade entre as 16.00 e as 23.00 horas cos adestramentos. Xa na fin de semana, tanto sábados coma domingos acolle os diferentes encontros futbolísticos das categorías da Escola Estrada de Fútbol Base e do Sport Team Estrada.

Imaxe de portada: resultado das obras no Manuel Regueiro // Concello da Estrada

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo