A distribuidora UFD ten previsto construír unha Liña de Alta Tensión (LAT) entre as subestacións da Estrada e Paizás (Silleda). Esta transcorrerá por 14 parroquias estradenses e dúas de Silleda. Dos 62 núcleos rurais polos que transcorrería, 58 pertencen á capital da comarca de Tabeirós.
Os lugares polos que transcorrerá son os seguintes:
- A Estrada: O Regueiro e A Estrada.
- A Somoza: A Carballeira e Os Sureiros.
- Agar: Pepe, A Pedreira, Penalobeira, Valiñas, O Outeiro.
- Cereixo: A Igrexa, Constenla, Os Piornos, Pernaviva, Mollarrabo.
- Curantes: Curantes Novo, A Rocha, Cortes.
- Guimarei: Soutiño, Campos, A Torrevella, Portacartas, Gudín, San Xiao, O Cogoludo, Xerlís, A Cruz, A Mañenza, A Portela.
- Lagartóns: O Outeiro, O Sabugueiro, Trasdomuro, Os Tatos, O Monte, O Mollarrabo.
- Lamas: O Carballal.
- Loimil: Pardellas, Loimil, A Sobreira, Penaporrín, Riomao, Chenlos, Loimil do Carballo.
- Orazo: Vendexa e Barro.
- Ouzande: O Redondo, O Formigueiro, As Cachopas, Alemparte, Penerada.
- Remesar: O Rego.
- Rubín: A Igrexa, A Veiga da Braña, O Bede, Berbigueira, Os Balseiros, O Barro, Pazos.
- Tabeirós: Sandán.
O tendido estará formado por tres treitos subterráneos — un en cada subestación e outro para cruzar a N-525 e o Camiño de Santiago — e dous aéreos. Os treitos aéreos sosteranse sobre 87 apoios metálicos, dos que 80 estarán no concello da Estrada.
Segundo a documentación do proxecto, hai 143 persoas censadas nas poboacións situadas nun radio de 200 metros. Esa cifra ascende a 1.240 persoas nun radio de 500 metros, ao que lle hai que sumar a parte proporcional do extremo oeste do núcleo da Estrada.
Imaxe de portada: trazado da liña A Estrada-Paizás // Xornal da Estrada / Google Maps


Deixa unha resposta