Guimarei acolleu este mércores un obradoiro de iniciación á percusión. Foi no marco da súa Semana Cultural. As actividades continúan xoves e venres ás 21.00 horas. Xoves contarán co monólogo Marcho que teño que marchar e venres co pintado e descubrimento do Mural de Castelao. Ambos eventos serán no local social.
Imaxe de portada: asistentes á batucada // Xornal da Estrada


Deixa unha resposta