Publicidade

Convocan reunións en Cereixo e Loimil pola liña de alta tensión A Estrada – Paizás

high voltage power lines at sunset

O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, informou de que o vindeiro luns 21 celebrarán sendas reunións informativas en Cereixo e Loimil sobre a liña de alta tensión A Estrada – Paizás (Silleda). Os representantes municipais estarán acompañados por técnicos de Tysgal, empresa que contratou o Concello para alegar contra a liña.

A primeira reunión será no local social de Cereixo ás 18.00 horas. A segunda será no local do palco de Loimil ás 20.30 horas. A escolla destas parroquias, sinalan dende o Concello, responde á súa situación intermedia, para posibilitar a asistencia dos veciños das 14 parroquias afectadas.

Aos asistentes facilitaranselles modelos de alegación, que poderán presentar ata o 20 de outubro.

14 parroquias afectadas

O tendido pasará propia parroquia da Estrada, A Somoza, Agar, Cereixo, Curantes, Guimarei, Lagartóns, Lamas, Loimil, Orazo, Ouzande, Remesar, Rubín e Tabeirós. Será maioritariamente aérea, exceptuando a saída dende a subestación da Estrada e o punto no que cruza a N-525 e o Camiño de Santiago. En territorio estradense intalaranse 80 torres de celosía.

Comentarios

Deixa unha resposta