Publicidade

Convocan tres reunións pola liña de alta tensión

O Concello da Estrada convocou para a vindeira semana tres novas reunións pola liña de alta tensión A Estrada – Paizás (Silleda). Serán en Guimarei, Rubín e Ouzande.

O vindeiro martes ás 18.30 horas celebrarase a primeira delas no Foxo (Rubín). Seguiráa un encontro no Teleclub de Guimarei ás 20.00 horas. A reunión en Ouzande será mércores ás 20.00 horas na carpa do campo da festa.

A reunión de Guimarei concretouse o pasado luns no encontro que se mantivo en Cereixo. A todos os encontros asistirá un técnico de Tysgal  para ofrecer información sobre a liña.

Imaxe de portada: reunión en Loimil, este luns // Concello da Estrada

Comentarios

Deixa unha resposta