Publicidade

Luns abre a inscrición nas actividades para prevención da dependencia

O Concello da Estrada abrirá este luns 28 as inscricións nas actividades para prevención da dependencia correspondentes ao ano 2027. As clases comezarán no primeiro trimestre do ano. Ofertanse clases de  pilates, xerontoximnasia e taller de memoria.

Para participar é necesario ter 50 anos ou máis ou, de non os ter feito, contar cun grao de discapacidade certificado igual ou superior ao 33%. O prazo para inscribirse remata o 14 de outubro. No caso de que exista un exceso de demanda para algún grupo, a asignación das prazas farase por orde de rexistro de entrada das solicitudes.

Os requisitos mínimos para o desenvolvemento da actividade establecen a necesidade de que a parroquia conte cun local social co equipamento preciso; oito persoas para formar grupo no rural e 20 para conformalo no casco urbano, ademais de que haxa un máximo de 12 persoas nos talleres de memoria.

Nas parroquias nas que xa se viñan realizando estas actividades en 2026 manteranse os horarios. No caso de coincidir con outras actividades  de administracións, calquera necesidade ou cambio terá que ser aprobado polo Concello.

Comentarios

Deixa unha resposta