Publicidade

Como ter Xornal da Estrada na pantalla de incio do meu móbil?

Xornal da Estrada non conta cunha app para móbil como tal. É dicir, se buscas en calquera app de descarga de aplicacións, non aparecerá ningunha aplicación oficial deste medio. Aínda así, existe un método para acceder á web do Xornal da Estrada dende a pantalla de inicio do teu teléfono.

Para explicalo nós empregaremos como navegador Google Chrome, por ser dos máis extendidos, aínda que nos demais o proceso é semellante.

O primeiro paso é acceder á web do Xornal da Estrada dende o navegador (non dende Facebook, Instagram, WhatsApp ou Telegram). Unha vez esteamos nela, clicaremos no menú do navegador (non no da nosa web). Neste caso, son os tres puntos que se atopan na parte superior dereita da pantalla.

Unha vez pulsemos sobre el despregarásenos un menú con múltiples opcións. Buscaremos a de “engadir á pantalla de inicio” ou semellantes e pulsaremos sobre ela.

Unha vez feito, abrirásenos un recadro de “instalar aplicación”. Nel poderemos modificar o nome co que se gardará esta pseudoaplicación. Clicamos en “instalar”.

Unha vez instalada, aparecerá na pantalla de inicio do noso teléfono. Ao clicar sobre a icona, poderase abrir coma se fose outra aplicación.

Imaxe de portada: logo do Xornal da Estrada na pantalla de inicio dun teléfono // Xerada con IA

Comentarios

Deixa unha resposta