As chuvias e refachos de vento que se prevé que deixe o primeiro temporal do outono levaron á AEMET a activar avisos amarelos por estes fenómenos meteorolóxicos. Dende as 10.00 ata as 18.00 horas estará activo o aviso por refachos de vento que poden alcanzar os 80km/h. Dende o mediodía e ata o remate do día permanecerá activo un aviso por chuvia en 12 horas, podendose acumular 40mm nese periodo de tempo. Serán unhas chuvias que chegarán tras un verán extraordinariamente cálido e seco.


Deixa unha resposta