Publicidade

Patiñas da Estrada pecha portas temporalmente a novas entradas de animais

cat laying on the bed

A asociación Patiñas da Estrada anunciou que pechan portas de forma temporal. Comentan que levan dende o verán “ao límite” porque chéganlles avisos de forma continuada pero o ritmo de adopcións é menor. Por iso, din, quedaron sen espazo para acoller máis animais.

Dende Patiñas aseguran que case todos os gatos chegáronlles sendo moi pequenos e, agora, xa teñen entre catro e seis meses e aínda seguen agardando por unha familia que os acolla. Isto, sumado aos novos avisos, fixeron que as súas instalacións chegaran ao límite da súa capacidade.

Fan un chamamento á adopción e din que, ainda que xa non sexan bebés, “seguen sendo pequenos, cariñosos e teñen toda unha vida por diante”. Engaden que tamén necesitan casas de acollemento e voluntarios para axudar a coidar os gatos ata que encontren unha nova familia.

“Somos poucas persoas facenso todo isto no noso tempo libre e, sinceramente, xa non podemos máis”, recoñecen nun comunicado en redes sociais. “Polo momento temos que pechar as nosas portas a novas entradas. Non porque non queiramos axudar, senón porque necesitamos espazo, adopcións e máis mans para poder seguir facéndoo”, conclúen.

Imaxe de portada: imaxe de arquivo dun gato // Pexels

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo