O consello de administración da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal) autorizou este venres a adxudicación do contrato para a construción de 28 vivendas de promoción pública na Estrada. Faranse na contorna do Mercadona.
A empresa adxudicataria e Copcisa S.A. Contará cun orzamento de 4.702.776,59 euros. O edificio contará con 14 vivendas de dous dormitorios — dúas delas adaptadas, once de tres dormitorios e tres de catro cuartos. O proxecto redactouno a UTE Garitaonaindía-Amenedo, á que se lle adxudicou por importe de 205.666,63 euros.
Imaxe de portada: visita da conselleira de Vivenda, María Martínez Allegue para anunciar a licitación das vivendas de promoción pública // Xunta / Arquivo


Deixa unha resposta