Publicidade

Rueda destaca dende A Estrada o papel da Policía Local

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou na AGASP o papel que desempeñan os Policías Locais como a primeira liña de atención cidadá e como un elemento imprescindible para garantir o benestar, a seguridade e a convivencia na comunidade. Foi nun acto no que tamén se entregaron medallas ao mérito a dous estradenses.

Rueda salientou que a Policía Local “cada día está máis preparada para acometer accións máis difíciles que requiren de máis preparación e máis capacidade de resposta”. Fíxoo nun acto que serviu de gradación para a 18ª Promoción da Policía Local. Sobre eles, destacou que máis do 20% dos graduados sexan mulleres,algo que acontece por primeira vez na historia de Galicia.

No acto, entre outros distintivos, entregáronse sete medallas ao mérito. Dúas delas quedaron na Estrada, cos axentes Raúl Castro e Ventura García.

Imaxe de portada: gradación da 18ª Promoción de Policía Local // Xunta

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo