Publicidade

Comeza o asfaltado parcial da estrada a Forcarei

Este xoves comezaron os traballos de asfaltado da EP-7001, a estrada que une A Estrada con Forcarei. Fixérono dende as aforas do casco urbano, despois do cruce coa Estrada a Ouzande ata Guimarei.

Será un asfaltado parcial dende o cruce coa Estrada a Ouzande (punto quilométrico 0+300) ata o cruce de Sabucedo (punto quilométrico 12+200). Os traballos consisten na retirarada e saneamento do firme actual e execución do novo firme cunha capa de rodadura final constituída por unha mestura bituminosa en quente, e a aplicación de microaglomerado en frío nalgunhas zonas, para reforzar e protexer o pavimento. Instalaranse tubaxes específicas para drenar a estrada e protexer a estrutura do novo firme, e tamén se procederá a renovar a sinalización.

Para esta actuación a Deputación de Pontevedra destinou máis dun millón de euros. O prazo de execución é de catro meses. Esta actuación súmase ao pintado xa realizado no treito que non se verá beneficiado por ningunha actuación.

Imaxe de portada: treito asfaltado na Estrada // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo