Publicidade

Propoñen empregar un crédito de 200.000 euros destinado ao desenvolvemento da Avenida de América para outros fins

A comisión informativa de Facenda e Especial de Contas abordará na tarde deste luns a modificación da finalidade dun crédito de 200.000 euros. Inicialmente íase destinar ao desenvolvemento da Avenida de América.

O titular de Facenda, Alberto Blanco, explicou que a tramitación do SUNC R01 e R02 aínda está en fase técnica, polo que o investimento aínda non é preciso. “Estes fondos serán necesarios cando se inicien as obras”, sinalou, momento no que o Concello asumirá un desembolso que logo será repercutido aos propietarios dos terreos.

O crédito previsto para empregarse nesta anualidade pasaría a investirse en sinalización urbana (26.261,26 euros); pavimentación de vías rurais (32.910,68); humanización da Praza de Galicia (31.079,30); reparación das piscinas municipais (50.297,58) e a cubrir a parte que corresponde ao Concello no proxecto de reforma e recuperación da área recreativa da praia fluvial de Liñares (71.383,49).

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo