A Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada encara a recta final do ano coa ollada posta na 74ª Feira de Antigüidades e no 13º Salón do Motor Classic. Celebraranse o 12 e 13 de decembro.
O Salón do Motor Classic contará cunha exhibición de automóbiles de época, motocicletas, bicicletas e vehículos industriais do século pasado. Achegaranos clubs, asociacións e coleccionistas particulares.
Á súa vez, a Feira de Antigüidades reunirá a destacados antiquarios nacionais e do norte de Portugal. Ofrecerán desde mobiliario ata xoiaría vintage, vaixelas retro, numismática e obxectos da cultura pop dos anos 70 e 80.

Deixa unha resposta