A Asociación de Mulleres Rurais de Lagartóns organiza unha churrascada para o sábado 21 de novembro ás 21.00 horas. O menú constará de churrasco de porco, polo á brasa, criollos, patacas, ensalada, sobremesa, pan, bebida e café.
Para asistir é necesario mercar os tickets antes do 16 de novembro. Custarán 25 euros, excepto para os menores de 12 anos, que terán que pagar 12 euros. Pódense adquirir no chiringuito do campo da festa de Lagartóns (os xoves de 20.00 a 21.00 horas) ou chamando ao 629 887 607 (Pilar) ou ao 655 057 349 (Marga)



Deixa unha resposta