Publicidade

Festa de Outono en Ouzande

A Fervenza de Ouzande organiza para este sábado a Festa de Outono Comezará ás 20.00 horas no local social do campo da festa de Ouzande. A música correrá a cargo de Retouso e Decotío. Dende a organización convidan a que os asistentes leven os seus instrumentos para facer unha foliada.

Haberá castañas asadas e viño novo de balde para todos e todas as asistentes, así como servizo de bar con chourizos asados e bebidas a prezos económicos. Os presentes poderán xogar a xogos populares.

Comentarios

Deixa unha resposta