Publicidade

Repsol informará sobre os eólicos que construirán na Estrada as súas filiais

Repsol, empresa matriz das promotoras dos parques eólicos Nesa Monte Arca Norte e Nesa Monte Arca Sur, instalará un punto de información sobre ambos parques. Será o vindeiro mércores 11, un día antes de que remate o prazo para presentar alegacións, en horario de 12.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00 horas. Atoparase na Escola da Somoza. Faino a petición da Asociación A Somoza Nova.

Cómpre lembrar que once lugares da Somoza e Arca estarán a menos de dous quilómetros dos aeroxeradores. O Concello puxo a disposición da cidadanía un modelo de alegacións que se pode descargar dende a súa web. Pola súa parte, o BNG convocara para o pasado mércores unha charla informativa en Arca.

Imaxe de portada: mapa do parque eólico // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixa unha resposta