Unha persoa resultou ferida e tivo que ser excarcerada tras sufrir unha saída de vía e bater laterlamente contra unha árbore na parroquia de Parada. O sinistro produciuse ás 23.10 horas deste venres.
O 112 informou do suceso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061, Bombeiros do Deza, Emerxencias A Estrada e Garda Civil de Tráfico. Os servizos de emerxencias tiveron que empregar material de excarceración para liberar ao condutor, que non era quen de saír. Foi trasladado en ambulancia ao hospital de referencia.


Deixa unha resposta