Publicidade

Denuncian que a alameda leva máis dunha semana ás escuras

O PSOE estradense denunciou que a alameda leva máis dunha semana sen iluminación nocturna, algo que relacionan coa “incapacidade” do goberno local á hora de xestionar os servizos básicos.

O voceiro do partido, Luis López Bueno, asegurou que é “preocupante” que aínda non fora solventada a incidencia da iluminación, máis aínda cando é un punto de paso para moitos veciños. Reclamou que se garanta a seguridade e accesibilidade “a calquera hora do día”.

“Estamos a falar dunha incidencia que pode ser normal, agora, non é razoable que pasen os días e non se arranxara nada. Son responsabilidades que forman parte do traballo diario dun Concello. Se o goberno municipal non é quen de garantir a iluminación dos xardíns ou de manter en condicións adecuadas os espazos públicos, estamos ante un problema evidente de xestión”, asegurou.

Asemade acusou ao goberno local de “fallar en cuestións que deberían ser insignificantes” e nos “asuntos importantes”. Exemplifícao cos problemas que se detectaron na recollida do lixo. “Estamos a reclamar que se faga o mínimo: que se recolla o lixo como corresponde, que os espazos públicos estean limpos e coidados e que as farolas funcionen”, asegurou.

Imaxe de portada: a alameda a escuras // PSOE

Comentarios

Deixa unha resposta