O segundo Pre Fin de Ano da Estrada vén por todo o alto. O vindeiro sábado 19 de decembro King África actuará no Recinto Feiral nunha festa que comezará ás 22.30 horas.
O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, marcouse o obxectivo de que A Estrada sexa “referente na programación” tendo “unha alternativa importante na reunión de persoas nas festas de Nadal”. Será unha das actividades centrais da programación desta época do ano.
A apertura de portas será ás 22.00 horas. O aforo é de 2.000 persoas. As entradas xa están á venda en Ataquilla.com. A primeira tirada, de oito euros, esgotouse en cuestión de horas. En segunda tirada custa dez euros. Dende este venres poderanse adquirir na cervexería Eureka, nas cafeterías do grupo Invictus, O Parladoiro (Cuntis) e no bodegón Trujillo (Silleda).
O cartel completarano Borja Solla, DMirón, André Mor e Olalla González. O peche correrá a cargo de La Santa — unha festa na que se busca crear unha experiencia temática — con Carlos López, MRJ e Raúl Gómez. A previsión é que ás festas remate en torno ás 6.00 horas.
Imaxe de portada: presentación da festa // Concello da Estrada


Deixa unha resposta