Exposición efémera de Laura Caneira este venres e sábado en Casal de Creación

Este venres 22 en horario de 19.00 a 20.00h e o sábado 23 de 11.00 a 13.30h celebraráse na tenda-obradoiro de Casal de Creación (Praza da Feira) a exposición efémera da ilustradora estradense Laura Caneira “No campo medran flores”.

Os asistentes poderán ver e mercar algunhas das pezas da artista, nas que se representan esceas cotiás cargadas de poética, figuras voluptuosas e gamas cromáticas hipnóticas. Os marcos das obras foron feitos por Casal de Creación.

Ademais, na xornada deste venres contarán coa presenza da artista.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo