Dado que o antigo Centro de Saúde é un dos grandes temas da actualidade política estradense, O Xornal da Estrada propúxolle aos líderes políticos da Estrada que gravasen un vídeo cunha duración máxima de tres minutos no que explicasen que vías propoñen empregar para poder facer uso del e que facer nel.
A orde de aparición determinouse en función da representación de cada partido no Pleno do Concello, aparecendo primeiro os que máis representación teñen.
Deste xeito, a orde será a seguinte: Gonzalo Louzao (PP), Luis López Bueno (PSOE), Xoán Reices (BNG) e Mar Blanco (MÓVETE).


Deixa unha resposta a O Xornal da Estrada presenta novidades coincidindo co seu primeiro aniversario – O Xornal da Estrada Cancelar a resposta