A farola colocaráse preto da estatua da Rapa das Bestas

A farola colocaráse preto da estatua da Rapa das Bestas

O nome oficial estará gravado no chan da praza

Este venres desvelouse o anteproxecto gañador para a peonalización da Praza da Farola, oficialmente Praza de Galicia. Foi o presentado por Galaicontrol, que agora contará cun mes para redactar o proxecto definitivo e, asi, poder estrear a nova praza no 2025.

Para que o espazo poida “ser diáfano” será necesario trasladar o icónico farol ás proximidades da estatua da Rapa das Bestas, que se manterá na ubicación actual. Ambos estarán colocados no interior da illeta, unha zona “que gañará importancia”.

A praza estará feita con formigón e pedra, mantendo a estética acadada coa peonalización do centro. Co formigón faráse un círculo en recordo da actual rotonda e nel inscribiráse o nome oficial da praza.

Así será a Farola // Galaicontrol

Esta vaise ir “abrindo en forma de anfiteatro” para representar que será un espazo para celebrar eventos e concertos. A zona estará decorada con xardineiras, nas que se manterán as árbores actuais. As principais serán as que se situarán nas proximidades de Calvo Sotelo e Don Nicolás e e da zona pola que circularán os vehículos. Ademais, colocaráse unha pequena fonte e intentaráse aproveitar os bancos xa colocados.

A zona destinada ao tráfico rodado contará cun tramado de formigón e pedra para indicar que é unha zona peonil. A parada de taxis manteráse na rúa 56 e, a zona de aparcamento adaptado, colocaráse nesa zona. A carga e descarga situaráse na rúa San Paio.

As luminarias das beirarrúas retiraránse para colocar outras que permitan iluminar todo o espazo e, tal e como confirmou Gonzalo Louzao, “empregaránse para repoñer outras” que están danadas ou foron derrubadas polos vehículos.

Vista aérea da nova Praza de Galicia e dos seus arredores // Galaicontrol

Non só é a praza

Amais da praza, reformaráse parte das rúas 56, San Paio e Don Nicolás e a rúa Vega de Armijo ao completo, aplicando o mesmo deseño que se empregará na Farola.

Máis que unha farola

Este domingo ás 19.00h O Xornal da Estrada publicará na súa canle de YouTube a reportaxe A Farola, máis que unha farola, na que se repasará o pasado, presente e futuro desta praza.


Imaxe de portada: A nova Praza de Galicia // Galaicontrol

Comentarios

3 respostas a “A farola colocaráse preto da estatua da Rapa das Bestas”

  1. Avatar de Reices acusa ao PP de seguir coa “política ‘Terminator’” – O Xornal da Estrada

    […] venres presentábase o proxecto de peonalización da Praza da Farola. O voceiro do BNG, Xoán Reices, afirmou que “o proxecto escollido polo PP non só relega a […]

    Gústame

  2. Avatar de A reforma da Farola comezará en outubro polos seus arredores – Xornal da Estrada

    […] en forma de anfiteatro” para representar que será un espazo para celebrar eventos e concertos, tal e como comentou Trinidad López, arquitecta responsable do proxecto, durante a súa […]

    Gústame

  3. Avatar de Este martes comezarán as obras da Farola – Xornal da Estrada

    […] forma de anfiteatro” para representar que será un espazo para celebrar eventos e concertos, tal e como comentou Trinidad López, arquitecta responsable do proxecto, durante a súa […]

    Gústame

Deixa unha resposta a A reforma da Farola comezará en outubro polos seus arredores – Xornal da Estrada Cancelar a resposta