EN DIRECTO| A Estrada elixiu a permanencia da farola no seu sitio

EN DIRECTO| A Estrada elixiu a permanencia da farola no seu sitio

1179 estradenses decidiron que facer co farol da Farola. Finalmente, por aplastante maioría elixiuse a permanencia nunha ubicación similar. Votación máis axustada foi a de que farol colocar. Nesa elección gañou que continúe a actual.

Resultados dispoñibles debaixo da emisión en directo.

Directo

14.29 | Resultados definitivos:

ELECCIÓN UBICACIÓN:

Opción 1 (estatua Rapa das Bestas): 173

Opción 2 (similar á actual): 820

Opción 3 (nova fonte): 154

Non válidos: 14

ELECCIÓN FAROL:

Opción A (farol orixinal): 453

Opción B (farol actual): 683

Non válidos: 11

14.06 | Piden o regreso da antiga Alameda

Nunha das papeletas da ubicación alguén escribiu “Devolvede a Alameda vella”.

14.00 | A farola manteráse na ubicación actual

Opción 1 (estatua Rapa das Bestas): 169

Opción 2 (actual): 808

Opción 3 (fonte): 154

Blancos e nulos: 14

*Resultados provisionais

13.49 | Estáse facendo reconto da ubicación

13.41 | “Unha veciña cabreada”

Nunha das papeletas púidose ler que “a min dáme igual onde poñas a farola, como se a queres levar para diante da casa. Creo que hai problemas máis importantes”.

13.37 | O reconto, en marcha

13.34 | Un referendo “histórico”

Segundo Louzao, porque poucas veces se levan a cabo iniciativas así, polo que A Estrada foi coñecida a nivel nacional.

13.32 | Louzao agradece ao departamento de Estatística o seu esforzo.

Asegura que quixo que a decisión fose representativa.

13.31 | Vai comezar o reconto

13. 25 |O reconto será na Sala de Xuntas

Comezará en breves

13.22| Votaron 1178 estradenses

13.20 |Pechan as urnas

12.57 | Ás 13.00h deixaránse de dar papeletas.

Para asegurar que os que acodiron dentro da hora poidan exercer o seu dereito a voto.

12.53 | Óscar Durán: “Á unha córtase”

O concelleiro advirte aos votantes de que a partir das 13.00h non se poderá facer mentras a ringleira aumenta de tamaño.

12.32 | O peche das urnas, marcado para as 13.00h

Para esa hora está marcado o inicio do escrutinio.

12.26 | Longas ringleiras para votar

Os estradenses acoden en masa a votar. Para axilizar, Óscar Durán está repartindo as papeletas.

Comentarios

2 responses to “EN DIRECTO| A Estrada elixiu a permanencia da farola no seu sitio”

  1. Avatar de O Xornal da Estrada presenta novidades coincidindo co seu primeiro aniversario – O Xornal da Estrada

    […] da Farola ou a seguridade viaria na N-640, na PO-841 e na PO-213 ou a emisión en directo do reconto dos votos do referendo da Farola e do acendido do alumeado de Nadal, chegan varias […]

    Gústame

  2. Avatar de O Concello lanzará a licitación da reforma da Farola – Xornal da Estrada

    […] obra necesaria e sobre a colocación do icónico farol – polo que houbo unha manifestación e un referendo -, o Concello vai licitar as obras de reforma da Farola. Este paso dáse tras celebrarse no […]

    Gústame

Deixa unha resposta a O Xornal da Estrada presenta novidades coincidindo co seu primeiro aniversario – O Xornal da Estrada Cancelar a resposta