A parroquia está freando a caída de poboación coa chegada de familias con fillos
Coa chegada do verán, a única parada de bus en funcionamento na parroquia de Liripio mudaba a súa ubicación, pasando de estar nunha pista cunha pendente pronunciada e lixeiramente afastada das casas a situarse na zona habitada e cun acceso con menos costas para os seus usuarios habituais: os rapaces e rapazas da parroquia.
Antigamente, o punto no que se atopa actualmente a parada de bus xa tivera esta función, pero a marquesiña que se colocara acusou o paso do tempo e o abandono, sufrindo importantes desperfectos e enchéndose de maleza.
Por iso, co inicio do curso escolar, o Concello da Estrada renovou a marquesina – colocándoa sobre unha base de formigón de nova creación – e limpou a zona.
Ademais, estes traballos coincidiron co asfaltado do camiño que une os lugares da Canda (xusto desde o punto no que se atopa a nova parada de bus) e da Igrexa. Estes labores forman parte do plan de asfaltados anunciado polo Concello no mes de abril.
Chegada de xente nova
Liripio é unha parroquia que, nos últimos anos, conseguiu atraer a familias con rapaces. Unha situación que para os veciños da zona é motivo de alegría, pois está freando a perda de poboación que acusa o rural.
De feito, a situación actual contrasta coa da mocidade de moitos dos veciños, pois pasouse de contar os rapaces da parroquia por decenas a ser menos dunha.
Imaxe de portada: nova marquesiña na nova parada de bus // cedida

Deixa unha resposta a Éxito da Feira do Moble, queixas nos colexios e López Campos deixa a dirección do PP local – Xornal da Estrada Cancelar a resposta