A borrasca Claudia estáse deixando notar nos concellos da bisbarra. Mentras van chegando as chuvias intensas, no Monte Xesteiras os refachos de vento xa superaron os 100km/h.
En concreto, a estación de MeteoGalicia no alto do monte rexistrou refachos de ata 108,2km/h. Pola súa banda, en Forcarei chegouse ata os 78,2km/h.
Segundo a AEMET, nas vindeiras horas o vento continuará soprando forte. Ata ás 15.00 horas deste martes permanecerá activo o aviso amarelo por refachos de ata 70km/h.
Asemade, durante toda a xornada do mércores e do xoves a previsión de chuvias intensas tamén levaron ao organismo estatal a activar dous avisos por este motivo. Prevénse acumulados de ata 20mm nunha hora e de 40mm en 12h. O xoves as previsións de chuvia nunha hora rebaixaránse a 15mm, manténdose o aviso amarelo.
O peor momento na xornada deste mércores prevése que sexa pola mañá. A AEMET prevé que na Estrada se acumulen 12mm entre as 8.00 e as 11.59 horas. Durante a tarde intensificaránse por momentos. Será entre as 8.00 e as 9.59 horas cando se rexistren novos acumulados importantes, chegando aos 10mm nese período de tempo.
Ao tratarse de frontes estacionarias que poden deixar importantes acumulados de auga, activouse o Plan Inungal nas provincias da Coruña e Pontevedra polo risco de anegamentos. As previsións indican que ata o final da semana non remitirá o temporal.
Niveis de aviso
- Verde: Sen risco meteorolóxico
- Amarelo: Non existe risco meteorolóxico para a poboación en xeral, pero si para algunha actividade concreta.
- Laranxa: Existe un risco meteorolóxico importante (fenómenos meteorolóxicos non habituais e con certo grado de perigo para as actividades habituais).
- Vermello: Risco meteorolóxico extremo (fenómenos meteorolóxicos non habituais, de intensidade excepcional e cun nivel de risco para a poboación moi alto). Non viaxe salvo que sexa estritamente necesario.


Deixa unha resposta