Os amantes de Harry Potter están de noraboa. Dende este venres 20 ata o domingo 22 poderán visitar a experiencia inmersiva de Harry Potter, que terá lugar no pavillón número 4 da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada.
“Non é só unha exposición, é unha porta aberta á maxia”, explican os organizadores. “Está pensada tanto para fans incondicionais que medraron con estas historias como para os que desexen descubrir por primeira vez un mundo que definiu a fantasía conteporánea”, salientan.
Este venres só terá horario de tarde (de 17.00 a 20.00 horas) e tanto sábado coma domingo, función de mañá e de tarde, sendo a primeira de 11.00 a 14.00 horas e a segunda de 17.00 a 20.00 horas. As entradas pódense adquirir na web de Ticketrona e na entrada principal do pavillón.


Deixa unha resposta