A comisión de festas do San Paio anunciou a cancelación do Gran Comisión, unha sorte de Grand Prix que serviría para recaudar fondos para as festas patronais. Nun comunicado publicado en redes sociais, explican que o motivo da cancelación obedece a que non se acadou o mínimo de grupos participantes esixido, que se atopaba en 25. Do mesmo xeito, agardan que “nun futuro poida saír adiante algunha iniciativa semellante”.
Previsto para este mesmo sábado, ía contar con diferentes xogos e cun premio valorado en 2.000 euros. Asemade, estaba previsto realizar unha cea e unha verbena coa orquestra Galilea, tamén cancelados.
Xunto co Gran Escaparate Estrela, era unha das iniciativas que permitiría financiar uns festexos nos que estarán David Bustamante, a Panorama e 9Louro, entre outros.

Deixa unha resposta